Kinji Fukasaku (深作欣二, Fukasaku Kinji?), nado en Mito (prefectura de Ibaraki) o 3 de xullo de 1930 e finado en Toquio[1] o 12 de xaneiro de 2003,[2] foi un actor, guionista e director de cinema xaponés[3] asociado coa nova vaga xaponesa.[4] Foi coñecido por dirixir un dos segmentos xaponeses do filme Tora! Tora! Tora! (1970),[5] filmes sobre a yakuza como Jingi Naki Tatakai (1973)[6] ou sobre samurais como Yagyū Ichizoku no Inbō[7] (1978) e, especialmente, polo filme Battle Royale (2000).[8]
Ao longo da súa traxectoria recibiu 24 premios, incluídos os Kinema Junpō en varias ocasións, e os da Academia de Cinema xaponesa que lle outorgou un premio honorífico pola súa carreira.[9] En 1997 obtivo a Shiju hosho, medalla de honra de cinta púrpura do Xapón, polas súas contribucións cinematográficas.[10][11]
- ↑ Hadouchi, Olivier (1 de decembro de 2009). Kinji Fukasaku : un cinéaste critique dans le chaos du XXe siècle (en francés). Editions L'Harmattan. ISBN 978-2-296-24636-2. Consultado o 23 de xullo de 2020.
- ↑ "Kinji Fukasaku: The Man No Genre Could Tame". Consultado o 23 de xullo de 2020.
- ↑ Schanie, Andrew (29 de setembro de 2010). Movie Confidential: Sex, Scandal, Murder and Mayhem in the Film Industry (en inglés). Clerisy Press. p. 180. ISBN 978-1-57860-477-7. Consultado o 23 de xullo de 2020.
- ↑ "Kinji Fukasaku • Retrospective". Time Out Paris (en inglés). Consultado o 2018-04-30.
- ↑ Tora! Tora! Tora! (1970) (en castelán). Consultado o 23 de xullo de 2020.
- ↑ "Batallas sin honor ni humanidad (1973)" (en castelán). Consultado o 24 de xullo de 2020.
- ↑ "Kang samurai (1978)" (en castelán). Consultado o 24 de xullo de 2020.
- ↑ G. Trigales, Javier (16 de novembro de 2010). "Cine y polémica: 'Battle Royale'" (en castelán). Consultado o 23 de xullo de 2020.
- ↑ "Kinji Fukasaku - Awards". Consultado o 27 de xullo de 2020.
- ↑ "Fukasaku Kinji - Japanese Wiki Corpus". Consultado o 24 de xullo de 2020.
- ↑ "Renowned director Fukasaku, of 'Battle Royale' fame, dies". The Japan Times. Consultado o 24 de agosto de 2014.